xoves, 15 de xaneiro de 2026

Adornos de Nadal!

Feliz Aninovo a todas e todas! Por un ano de boas prácticas e concienciación do coidado do medio ambiente!
A nosa árbore de Nadal foi elaborada con moito agarimo, na que empregamos papel e diversas cores. 

"Pequenas mans, que xuntas,  fan grandes cousas"

Un ano máis, pedimos a colaboración das familias, para a elaboración dos adornos da escola. Intentamos concienciar no uso de elementos naturais e reutilización de elementos para facer as súas creacións, evitando así,  o consumismo destas datas.

Grazas familias pola vosa colaboración!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!