Contamos o conto de "Aínda Nada?"
Este conto de humor narra a historia do señor Luis, quen planta unha semente e espera pacientemente, día tras día, a que creza. Baixo a atenta mirada dun paxaro, o protagonista pregúntase cada mañá se xa xerminou, ensinando o valor da paciencia, a perseveranza e o respecto polos ciclos da natureza.
Esta reflexión a aplicamos a nosa sementeira de Carballos. Fomos visitalos e proporcionarlles os coidados que precisan para que xermine. Observamos se xerminou o non? Se precisaban auga? ...
Foron poucas landras as que xerminaron e eles mesmos e memas chegaron a conclusión de que non creceran porque houbo moi pouco sol despois de tantos días de choiva.
O mover as macetas levámonos unha grata sorpresa!!! Tiñamos a visita dun cempés.
Grazas a iso descubrimos que estes bechos viven en zonas de humidade alta e pouca luz, debaixo de macetas, pedras ou troncos. A nosa plantación serve de fogar para estes bechiños que xeralmente son beneficiosos para as plantas e os chans, xa que actúan como pequenos depredadores naturais de plagas nocivas.




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!