Este curso organizamos un entroido enfocado a concienciar a Comunidade Educativa no grave problema de contaminación que presenta o planeta. O consumismo excesivo e a fabricación de toneladas de roupa está a incidir na contaminación, e consecuentemente no cambio Climático. Dende a escola quixemos facer unha reflexión e retornar os entroidos de antano. Envíamos as familias unha nota informativa falando do tema.
Recorrer a roupa que tiñamos nos fogares para caracterizarnos do que cada un e cada unha quería era a idea. Houbo barrendeiras co lema "Teis barrio máis limpo", espantallo, merdeira, "Mondra", caracois, anciá, polbo (dándolle unha segunda vida os envases e plásticos), leopardo, Sky... e moitos máis. Unha pequena mostra nas fotos que axuntamos.
Grazas o profesorado, coidadora, familias e nenos e nenas pola gran acollida e resposta desta iniciativa!
Pequenos xestos que axudan a protexer o medio ambiente.




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!