Este ano contamos coa colaboración das familias para facer un banco de sementes na escola. Pedimos doazóns de sementes que tiveran nas propias casas, nas dos avós e avoas, veciños e veciñas, ...
O ideal era aportar sementes propias da contorna sen mercalas. Conseguimos sementes de cabaza, cilantro, pepinillo, ervellas, fabas, millo roxo, tomate corazón de boi, entre outras moitas. A iniciativa tivo moita acollida e queremos agradecer a colaboración das familias!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!