sábado, 11 de abril de 2026

Carballeira!

O pasado 27 de Marzo, o último día do segundo trimestre, as tres aulas fomos gozar dunha xornada de lecer á Carballeira. 

O xogo na natureza é fundamental para o desenvolvemento infantil, xa que estimula a creatividade, mellora a saúde física e reduce o estrés o permitir a exploración libre. Fomenta a autonomía e a motricidade mediante o uso de elementos naturais como paus e pedras, fortalece o sistema inmunolóxico, mellora a concentración e promove a conexión emocional co medio ambiente.

Qué sorte poder merendar e xogar neste espazo tan fermoso!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!