O que dá de si un limón!
- Nun primeiro momento estivemos ulindo, observando e tocando os limóns.
- A continuación, ordeamos por tamaño.
- Despois pesamos un a un e ordeamos por peso.
- Logo fixemos debuxo de observación.
- Tamén elaboramos unha limoada ben sabrosa. Para a súa elaboración cortamos, exprimimos, coamos e servimos.
- E por último, extraemos as sementes para plantalas.
Cantas aprendizaxes grazas a esta froita tan chamativa para os nenos e nenas.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!