Vuela Pluma é un espectáculo de monicreques sobre o respecto á natureza. Conta a historia dun paxaro que despois de vivir toda a vida nunha gaiola, descobre a liberdade de voar.
Esta proposta escénica combina monicreques, música e moita poesía audiovisual, nun relato que pretende fomentar o respecto, a liberdade o crecemento persoal e a conexión co mundo natural.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!