xoves, 25 de xuño de 2026

Os maios!

                                                                        Aí vén o maio

de frores cuberto para 

despedir o longo inverno

e anunciar a primavera 

no IES A GUÍA

O venres, 15 de maio, visitamos o IES A Guía para celebrar xunto ao alumnado de 6º do CEP Santa Tegra, as nenas/os de 6º de primaria do CEIP Eduardo Pondal e as persoas maiores do Centro de Día Atalaia, os Maios. Esta festa vinculada a ritos ancestrais de renovación e culto á natureza, celebraba a fertilidade da terra, as boas colleitas... Na actualidade permítenos crear comunidade e manter vivas as nosas tradicións, costumes e cultura. 

Un intre de celebración amenizado con baile, cancións, recitais e a música tradicional do grupo PARDAVILA.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS/OS AS/OS PARTICIPANTES POR FACER POSIBLE ESTE ENCONTRO!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!