Menuda sorpresa dous nenos da clase escolleron o Romero, así que hoxe aprendemos un montón de cousiñas sobre esta planta grazas a Elena e a Roi. Comezou Elena explicándonos o nome científico do Romero, onde crece, como son as súas follas e a cor das súas flores, a que familia pertencen e canto pode chegar a medir esta planta. Ademáis de como recolectalas, secalas e onde se deben gardar.
a
|
|
Free photo collage personalized with Smilebox
A continuación chegou o turno de Roi co que repasamos como eran as follas e flores do Romero, as diferenzas entre o Romero silvestre e o outro. Contounos cales son os beneficios do Romero entre os que están favorecer a dixestión, eliminar os gases, aliviar a dor de cabeza, mellorar a memoria e a concentración, combater a caspa e a caído do cabelo, e algúns máis que podedes ver na presentación. Pola contra dixonos que as persoas que están embarazadas non a poden empregar nin aquelas persoas que teñen gastroenteritis. Ademáis explicounos que se podía facer un té de Romero que el e a súa familia fixeron e puidemos ulir, que tamén se pode facer alcohol de Romero e diíxonos como tiñamos que facer. Fixo tamén un ambientador o cal trouxo o cole e perfumamos a biblioteca con el (empregando un queimador ) porque nos contou que perfumar as casas polo nadal trae sorte. E aínda que o nadal xa pasou non quixemos perder a ocasión. Investigou para que outras cousas se emprega como por exemplo a hora de cociñar, como perfume para o fogar e na cosmética para rexenerar a pel. E como curisidade dixonos que os Belgas din que aos bebés non os trae a cegoña senón que aparecen nunha mata de Romeo e moitas cousiñas máis que xa sabedes onde podedes velas. Para rematar agasallounos a todos cunha ramiña de Romero.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!