mércores, 22 de abril de 2015

A nai Terra e o seu fillo o Libro

Hoxe, día 22 de abril é o DÍA DA TERRA, e mañá, día 23 o DÍA DO LIBRO, verdade?
Pois logo de ler na "Voz de la Escuela" unha reportaxe das duas datas, a reflexión ven soa.
A Natureza é, ben certo, un libro aberto pero da natureza do libro non temos dúbidas: ten certamente nai, xa que non podemos esquecer que existe o libro grazas ao papel que provén da tala das árbores.
Razóns máis que sobrantes para vincular as duas datas, pero tampouco as únicas: a Terra e a Natureza teñen sido ao longo dos tempos unha fonte de inspiración para a literatura, e recollemos de tantas e tantas esta ,tan fermosa e fonda, de Ariduma Kowi , porque como indíxena kichua, a sua vinculación con ambas é máis que representativa.

"Para que a nai Terra non morra volvamos danzar
ao redor do sol e da lúa as danzas do cóndor,a
serpe e o veado.
Deixemos que os nosos corazóns se desborden en
cataclismos, e procreemos o baleiro coas nosas
palabras.
Dialoguemos en círculos no día, e en media lúa
na noite.
Falemos en tempo de onte, de agora e de mañá
con nosos yayas (avós), e os nosos wawas (nenos).
Acendamos co noso futuro as contornas de todos
os camiños.
Avancemos como aguias a través de todas as
vicisitudes e imprimamos nelas a harmonía dos
nosos soños.
Vixiemos cos máis sofisticados radares a integridade
das veas da Terra e o seu alento, o seu espírito,
as súas mans.
Esas mans constructoras do futuro, do soño e a
tenrura.
Esas mans, constructoras do fermoso murmurio
da vida, do sol e da lúa."

Resultado de imagen de 22 abril dia da terra        Resultado de imagen de dia do libro natureza

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!