xoves, 23 de abril de 2015
Apadriñas unha Árbore?
Xa estamos na primavera e a Horta e o Xardín do Cole vanse enchendo do traballo feito por tod@s, Tamén deixamos a nosa pegada na Horta Urbana de Teis e no Monte veciño..
Pero na nosa contorna temos tamén ás Árbores! e como xa imos aprendendo moito , pasiño a pasiño, de frores (tulipáns, cravéis, ranúnculos, rosas, jacintos...) , de sementes da horta (cenorias, leitugas, tomates, pementos...), de amorodos e de prantas aromáticas e mesmo de uso terapéutico, precisamos investigar tamén ás árbores que temos no Cole: qué vos parece se contamos coa vosa axuda e implicación, sempre tan importante?
"Apadriña unha Árbore" :
1-Elexir unha das árbores, que terá un número e datos básicos para iniciar o traballo. Colleredes eses datos (número e nome) e anotades no listado do taboeiro o nome do voso fillo/a (ou parella, equipo), para saber quén o está traballando. Tamén a quen o ides adicar (para que non haxa duplicidades)
2-Investigar xuntos acerca do que vos pareza importante: se da froitos, folla caduca ou non, etc e recoller nun soporte (folio, fotos con texto, dixital...) para logo poder compartir a vosa aportación nas aulas. Se vos animades a trasladar vós a información "en directo", seredes benvid@s tamén.
3-Facer un carteliño en madeira para vosa árbore có nome real e o nome que lle querades dar vós ( como suxerencia vos pediríamos que estivese adicado á persoas que representen valores culturáis -arte, música,letras,etc-, ecolóxicos, tradicionáis ou similares, en sintonía có que se traballa e transmite)
Algo similar:
*Non temos árbores para tod@s...de momento! pero tamén é un bo motivo para compartir e chegar a acordos, vos parece? sen problema podedes facer o apadriñamento de xeito individual, por parellas ou grupiños.
*E o último pasiño desta actividade será por tamén a identificación e a información que vos aportedes, de cada árbore , en código QR.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!