mércores, 29 de abril de 2015

O nispereiro de Castelao

O nispereiro da miña escola é: Eripbotria japónica . Nisperilapones. Orixen :Asia. Porte : moi alto ( 6-9 metros) de copa redondeadda; admite a poda que é no mes de agosto , principios setembro. Folla : árbore perennifolio ( non se lle cae no inverno ).Tennas longas e grandes ,lanceoladas , pilosas ( con peliños que caen ao crecer ) e marxes aserrados. Frores : son brancas (con intenso cheiro) e nacen agrupadas . a floración prodúcese a finais de outono . Froito : A súa semente é de gran tamaño ( 2 a 4 cm.)  chamado nispero , a súa cor pasa do verde ao laranxa na súa maduración . É un alimento  pobre en nutrientes que aporta poucas calorías ao organismo, usándose para adelgazar e aportándonos potasio e vitaminas ( A, B , B2 ,C ). Clima : Suave ( invernos sen neve e veráns sen achicharrar ) Variedades :  1. Tanaka : froito grande e sabroso ,menos producción. 2. Algeries : froito pequeno e menos sabroso , moita producción. Inimigo : Os paxaros que encántanlles o seu froito. Multiplicación : por semente . Esta é unha árbore que necesita inxertarse cun patrón para facelo máis forte e productivo


Resultado de imagen de foto nispero  Manuel e a súa familia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!