martes, 28 de abril de 2015

Xornada Verde

Hoxe tivemos o sempre benvido apoio de Belén, xunto con Juan ("Impórtanos") e Laura ("Amigos da Terra"). Foi un traballo intenso e un tanto "movidiño pero tamén botamos unhas risas porque poderedes certificar que...non chovéu!! As Abelliñas estiveron revoloteando polo patio pero de cando en cando tamén se achegaban á Horta e así, amodiño, estivemos trasprantando os tomates, espinacas, remolacha e berenxenas que sementaramos nas aulas. Tamén tivemos un tempiño para conversar e sementar proxectos futuros cara ao vindeiro curso, porque esta é unha fermosa aventura que "engancha" a quen a proba, sen dúbida algunha. Unha viaxe case infinita que aporta tanto a quen a fai, que a "osadía" de emprender o percorrido a tentas, cando se ten a sorte de contar como é o noso caso có preciado apoio que temos, equilibra tamén infinitamente cada unha das expectativas iniciáis. Grazas mil e sempre a todas as persoas que facedes realidade a ilusión e a certeza de que o traballo mediambiental é posible e necesario!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow personalized with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!