Comezamos este proxecto con moita ilusión e moitas ganas, a profe Chus e a profe Marta déronlle moitas voltas antes de poñelo a andar, Tegriña e máis Libriño daban chimpos de ledicia pensando no resultado final. No medio houbo algúns atrancos, pero tamén moitas anécdotas e ilusións compartidas, os nenos e nenas eses grandes magos fixeron posible que cada luns aprenderamos cousas novas, puidesemos compartir sabiduria, facer comparacións, diferenciar olores e incluso sabores, que a nosa horta crecese coas vosas aportacións e as nosas mochilas se enchesen de agasallos. Comezamos coa albahaca, e continuamos coa aloe vera, xarope de cenoria e mel, árnica, melisa, eucalipto, lavanda, ruda, romero, menta, celidonea, o allo, a herba luisa, xarope de mel e limón, clorofila e que mellor maneira de rematar que cun QUÉRO T VERDE como o que tomamos... Pois ben todo isto non sería posible sen a vosa colaboración . GRACIÑAS FAMILIAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!