Falando de Saramago ou de "Alicia no país das marabillas", facendo árbores de nadal con tapóns ou sementando, prantando árbores e degustando herbaluisa, escribindo cartéis ou falando de ecoloxía e pesticidas, de saúde ou de persoas que non viven coma nós...
Poñendo en valor dun xeito fermoso cada unha das cousas que se traballaban: o material de refugallo pasóu a ser unha ferramenta de creatividade, a horta algo propio e moi especial, feito entre tod@s, que nos ensinaba esforzo, saúde. paciencia...e tantas outras cousas!, o coidado do planeta e do noso entorno, unha responsabilidade común, Tantas e tantas outras! ata cando había algún pequeno enfado saían cousas como "pois agora non vou reciclar e vou tirar lixo ao mar" (pola boca pequena,claro, pero sabendo que era "a pior maldade" imaxinable. Perfecto.)
Sementes de futuro: que sen dúbida algunha levarán enriba por sempre, a medida que medren, os nosos aloumiños e recordos.
Foi un inmenso pracer e agasallo ter compartido cós "Maiores do Cole" estes tres marabillosos cursos: grazas por confiar en nós !
Free picture collage made with Smilebox |
Tres anos irrepetibles dos que gardamos milleiros de tesouros nos nosos corazóns. Grazas sempre! <3
ResponderEliminar