* Grazas a VOZ NATURA :a orixe da nosa andadura, o motor dos nosos proxectos e o apoio orzamentario e de todo xeito para que poidan ser posibles!
Grazas tamén por ter reconocido o noso traballo nesta edición: ser finalistas do Blogue e tamén nos Proxectos de Educación Infantil nos enche de ánimos para continuar.
E as nosas familias que foron un exemplo de participación e implicación en todas e cada unha das actividades: participando no "ArteLixo", construíndo Espantallos, facendo reciclaxe tamén para protexer as árbores con botellas de auga,e tamén con palés, sachando e limpando na Horta,falando das miñocas, aportando prantiñas, no Libro Viaxeiro, na Escola de Familias, no Apadriñamento das Árbores (que por certo tan pronto cheguen os que faltan, xa colocaremos os cartéis cós códigos QR), e un looongo etc.
Para todas e todos vós, temos unha bolsa agardando: un pequeno agasallo para non esquecer o noso compromiso de "reducir", porque no de reutilizar e reciclar xa temos un "máster", non si?
Pois está agardando na Sala de Mestres por vós: as persoas que fixeron posible este proxecto. Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!