luns, 23 de marzo de 2020

Ensalada de leituga da "horta"

Na aula das pitiñas e pitiños aproveitamos unha mañá de sol, para preparar unha ensaladiña coa leituga que temos na "Horta das sete Lúas"; porque despois do traballo de plantación feito con cariño está o pracer de degustar. Ademáis da leituga engadimos tomates, olivas, millo e un pouco de froita, fomentando deste xeito unha alimentación saudable. Esta actividade de cata resultou un intre de convivencia e divertimento, ademáis lavamos os utensilios que utilizamos (hábitos de autonomía, hixiene, orde) e traballamos a escritura dos ingredientes da receita.  










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!