A visita de Jacobo (Amigos da Terra) é un dos momentos que as crianzas agardan con máis ilusión; o pracer da terra, das sementes, das plantas, da vida. Un intre de convivencia, de goce, de aprendizaxe...unha novidade dentro do cotián. A eso se suma a calma, paciencia e quietude de Jacobo que xa é un máis da familia Monte da Guía.
E que sementamos?, pois tomate, acelga, rúcula, feixón... Aquí tedes as fotiños.
Grazas polos vasos iogur.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!