Aproveitamos a saída a contorna, "A Carballeira" para recoller elementos naturais que posteriormente clasificamos. A propia organización dos elementos e unha proposta sensorial que lles motiva e desperta curiosidade.
Cando xa temos finalizada a mesa sensorial do outono, que eles memos e memas elaboraron, e nos acompañará unhas semanas, comezamos a investigar o nome de cada un dos elementos (Landras, Castañas, Bugallos, paus, herbas, follas de distintas árbores, ...). Estes elementos tamén nos servirán para facer múltiples actividades de arte, conteo e discriminación.
Que sorte temos de poder observar e gozar a NATUREZA de preto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!