mércores, 22 de outubro de 2025

O Castiñeiro da nosa Escola!

Sen dúbida somos uns privilexiados e privilexiadas de poder ter un CASTIÑEIRO, entre outras moitas árbores, na nosa escola. 

Pasamos parte de Setembro e Outubro recollendo castañas e falando da importancia desta árbore.

O Castiñeiro, ademáis de darnos o froito, limpa o aire, produce oxíxeno, regula o ciclo da auga e axuda a combater o CAMBIO CLIMÁTICO, xa que é quen de absorber dióxido de Carbono. 

Nos vos resulta abraiante?



No medio das castañas tivemos un visitante que creou moita curiosidade. Un verme!!!! que posteriormente volvemos liberar no exterior tras unha observación coa lupa detidamente.



As castañas comémolas no Magostiño... e que boas estaban! Este ano adiantamos o Magosto para así aproveitar as castañas que da a nosa árbore.

Ademáis utilizámolas para facer moitas actividades. Neste caso fixemos un abecedario para escribir o noso nome propio con elas e unha mesa sensorial para traballar a motricidade coa pinza e o conteo (decena de castañas).




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!