O inicio de curso, cando falamos cos nenos e nenas, do que queren plantar na "horta das 7 Lúas", unha das cousas que máis se repite é o MILLO.
Será pola súa cor?
Pola forma alongada das mazarocas?
Será pola altura que alcanza a planta?
Polos centos de milleiros que cada ano debullan?
O caso, é que lles explicamos que o millo necesita moita extensión de terra, da que carecemos na escola, pero que temos a sorte de que os pais dunha mestra si a teñen e nos fan partícipes de todo o proceso.
Esfollamos, debullamos, moemos, peneiramos, fixemos pan de millo...
Ademáis, cunha cinta métrica comparamos a altura da planta coa de cada un de nos (traballando así a medida). Afinamos a motricidade fina coas texoiras cortando as follas da planta e observamos as diferencias (tamaño e cor) das mazarocas. Non hai ningunha igual!, coma a nosa realidade na aula.









Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!