mércores, 25 de marzo de 2026

Contos con Miga!

Carlos Yus de Migallas visitou a nosa escola para deleitarnos con varias historias e cancións que abordaban o tema da solidariedade e o consumismo. Temas nos que estamos moi concienciados e concienciadas na escola, e este ano se cadra un chisco máis. 

Neste curso, todo o alumnado e profesorado que participamos en Voz Natura co lema " Dalle voz o planeta" pretendemos actuar contra o cambio climático para protexer o medio ambiente. Unhas das estratexias para reducir a contaminación é evitar o consumismo desmesurado.

A partir de ese día e tras unha reflexión conxunta planificamos varias propostas con papel de periódico e cartón reciclado. Gozar do proceso das actividades sen buscar un produto final. 

Xa vedes, con qué pouco un cativo ou cativa pode fomentar a súa creatividade!
A imaxinación dun neno ou nena non ten límites!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!