martes, 24 de marzo de 2026

Posta a Punto!

As fabas medran e medran... e tiñamos medo de que rachasen polo vento e o seu propio peso. Así que, pedimos colaboración dos voluntarios e voluntarias da horta, e a familia de Carlota de 3 anos prestouxe  a botarnos unha man cos titores das fabas. Grazas pola axuda e a vosa predisposición! 

Quedaron ben xeitosiños! 

Qué opinades... estas fabas están ben fermosas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!