luns, 27 de abril de 2026

Proposta sensorial con aromáticas!

En proceso de horta (grupos mixtos de 3, 4 e 5 anos) adicamos duas sesións a coñecer 3 herbas arómaticas do patio.

Na primeira sesión primaba o sentido do olfato para tratar de identificar que estabámos cheirando. Loureiro, Melisa e Romeiro que fermosas fragancias para deleitar os nosos sentidos. A continuación entre todos e todas escribiron o nome de cada unha delas e observamos as follas. Fomos o recreo coa misión de descubir e atopar donde estaba cada unha delas para así collelas o día seguinte.

Na segunda sesión fomos de expedición polo patio buscando o Loureiro, a Melisa e o Romeiro e enchemos a nosa cesta delas. Na aula esperáballes unha proposta de experimentación na que fixeron trasvases, coaron, machacaron, cortaron e manipularon as aromáticas. 

Houbo quen fixo os seus perfumes e pócemas máxicas! 

Qué ledicia observar as súas experimentacións e aprendizaxes a través do xogo!

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!