O mércores 22 de Abril tivemos a oportunidade, grazas á iniciativa "Vigo Pesqueiro", de participar nunha visita guiada para coñecer o funcionamento do porto, os oficios vinculados ao mar, algunhas das súas instalacións... ademais visitamos un viveiro que nos permitiu coñecer e identificar diferentes especies de mariscos.
Este tipo de visitas favorecen a comprensión da relación entre o mar e a sociedade, así como a necesidade de protexer o medio mariño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa un comentario, graciñas!