mércores, 13 de maio de 2026

"Rana de 3 Ojos"

"Rana de 3 ojos” é un conto que aborda a contaminación, o consumo responsable e a sostinibilidade. Unha rá mutante que vive nun entorno contaminado por unha fábrica decide traballar en equipo cos seus amigos e amigas para reciclar e reutilizar, facendo así que o medio ambiente mellore.

Todas estas accións as levamos a aula e decidimos reciclar os nosos calcetíns perdidos e estragados para facer uns monicreques ben xeitosos que nos serven para o noso espazo de lectura. Para facelos empregamos: calcetíns, lá, botóns (doazón dunha mercería), pompóns e cartón. Con que pouco se pode facer un xoguete ben divertido!

Qué mellor que facelo coa colaboración das familias! Queremos agradecer a vosa axuda sempre!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!