mércores, 13 de maio de 2026

Un agasallo diferente!

“Un agasallo diferente” é un conto no que Tristán faille un agasallo diferente a seu amigo Marcel, un simple anaco de tea. Marcel que quería un xoguete convencional pronto se decata da cantidade de utilidades que pode ter o pano grazas a imaxinación. En definitiva unha historia que ensina a valorar a imaxinación e non o consumismo desmesurado. 

Aproveitamos e tamén contamos “El retal”  co mesmo fin, o de buscar múltiples usos dun anaco de tea.

Posteriormente fixemos unha sesión de xogo libre coas teas nas que tiveron múltiples funcións: babeiro, mantel, anteface, papel de envolver, unha habitación, un restaurante, disfrace de pantasma, vestimenta, saias, bufanda, vendaxe, mantas, …. Canta imaxinación!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!